Todo o mundo (neste caso unha expresión axeitada) puido ou pode ver o repaso que lle pegou o Barça ao Madrid. Busquemos non comentar o obvio: hai equipos de segunda rexional preferente que xogan mellor que o Madrid; tanta raza, "canguelo", "chorreo", épica, talonario, radio Marca, sacrificio, camiseta, cor e escudo, historia, twitter, democracia interna... hai equipos de terceira rexional preferente que xogan mellor. O Barça fixo o seu partido, nada máis. Aínda agora, pode perder (o Barça) as tres competcións nas que conserva posibilidades de título (e o Madrid ganar a liga). Qué importa.
Para comenzar pode ser eliminado en champions polo Chelsea, equipo que presume de talonario e fortaleza física e mental. Ademáis, din os que saben que xogadores como Drogba disimulan unha gran capacidade técnica; non digo que non: eu mesmo tamén disimulaba unha gran capacidade técnica cando xogaba no equipo da escola, marcaba goles nas pachangas do recreo, e nos partidos "oficiais", o entrenador, un profesor de matemáticas que exercera un par de anos en Portsmouth (a muller montaría a primeira academia de inglés do pobo), deixábame de suplente. Pasei de xogar máis, supoño que para ben do fútbol.
Pero estábamos co Chelsea. Ás virtudes mencionadas débese engadir que o seu entrenador é un gran estratega, que administra con sabiduría os recursos dos que dispón. Descarallao: todos a defender e a ver se soa a flauta, do resto xa se encargan as seccións de deportes dos medios, cos seus expertos e as súas rocanroleiras postas en escea.
O dito: o Barça pode perder todos os títulos, pero da gusto (e nervios) velo xogar.
-
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2009
(312)
-
▼
maio
(28)
- Almodóvar enfadouse con El País
- A crónica
- Marabilloso Barça
- Pendente
- Non temos remedio
- Munich air disaster 1958
- E se a Sarkozy lle da por invadir España?
- Elvira, rosario de voitres
- A censura sempre foi graciosa
- Por favor, non merquedes nin leades La Voz de Galicia
- A carraxe impídenos
- Novo Mac Pro
- Darren Hayman no Templo
- O teatro da lingua
- Perfume
- Promoción única
- Cómo gozamos cando nos dan polo cu
- Papi, ¿por qué se enfadan esos señores?
- Debate sobre o estado da nación
- Non comentamos máis
- Escribimos porque somos uns drogatas
- Alta cultura
- O cromo de cando somos críos
- Pasou o Barça
- Quen traza a raia
- A idea está consumida
- A vida é un cortello
- A humillación non conta
-
▼
maio
(28)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário