
Hai que recoñecer que a británica é unha sociedade máis avanzada que a nosa. Ningún ministerio ten que expoñerse censurando, xa o fan as marcas. Esta é a portada do último disco dos Manic Street Preachers, que catro grandes cadeas de supermercados obrigaron a cambiar. ¿Por qué? Non se sabe. A pintura é dun recoñecible admirador da obra de Lucian Freud, Jenny Saville, o neno pode que teña a faciana salpicada de sangue, ¿e?
Os nenos pódense maltratar, prostituir, violar, vender, armar de odio, alimentar con productos enganosos, podemos usalos como cobaias das nosas frustracións, pero non poden ser retratados con sangue na faciana. É o ceo victoriano do centro comercial.
<>
Nenhum comentário:
Postar um comentário