Non temos remedio



Este valo é un dos finalistas escollidos nos Premios Sombra, na categoría “Chimenea” á visión máis destructiva do medio ambiente. Ecoloxistas en Acción organizará a gala de entrega dos galardóns, que terá lugar en Donosti o 29 de maio. Estos premios pretenden sancionar a todas aquelas empresas que “destacaron no último ano por transmitir valores negativos, ou por facer pasar un producto como ecolóxico ou saudable sen selo”.

Nada que obxectar; nós tamén detestamos os anuncios de BP, Endesa, Repsol, Actimel, Activia, o intestino de José Coronado e as pestanas de Penélope Cruz. O caso é que non van chegar moi lonxe, porque non se molestan en aprender as sutilezas da publicidade moderna e o contexto socio-económico no que se desenvolve (perdón pola pedantería), e o seu discurso é férreo; contrapoñen e antepoñen valores: colectivo-individual, esforzo-hedonismo, ético-estético.

Vale, constructores desalmados móntanse urbanizacións e campos de golf no hábitat do oso pardo, ¿a quén llo contas? ¿a quén queres sensibilizar da barbaridade que eso supón? ¿cómo podes cambiar as preferencias de millóns de consumidores? ¿con spots ao Walt Disney? ¿contratando para a entrega de premios a un actor ou estrela do rock que vai de enrollado?
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet