Elvira, rosario de voitres

O domingo topamos de novo coa frase en corpo 18 de Elvira Lindo. Somos reincidentes. Opinaba a nosa escritora máis internacional sobre “a arte” das necrolóxicas, arte na que ultimamente apreciaba moi pouco nivel (Benedetti, Antonio Vega...), e mencionaba a que lle escribira a súa colega Rosa Montero ao marido recén falecido como exemplo a imitar: “La columna más luminosa del mes la escribió Rosa Montero después de la muerte de su marido, Pablo Lizcano. Fue un recuerdo lleno de elegancia y bondad, como es ella.”
¡Otro perrito piloto! Cando morra a miña muller (agora non lle queda máis remedio que morrer traxicamente antes ca min), eu tamén lle vou adicar unha columna en El País, moi sentida e elegante, e a ver se de paso nos levamos o premio do mes.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet