A vida é un cortello

O meteorito que se vai esnafrar contra a terra e mandarnos a todos á nada sideral ten para rato, polo que hai que conformarse mentras con algunha pandemia periódica. As pandemias están moi perfeccionadas, pouco teñen que ver coas pestes que arrasaban Europa no medievo; sácaselles sempre un oportuno proveito político e unha limpa rendibilidade económica. A da gripe porcina, que agora debemos chamar H1N1, funciona así:
Paso 1: alarmar á sociedade.
Paso 2: coller un mapamundi e sinalar co dedo un país onde coverxan intereses.
Paso 3: ocultar o das Granxas Carroll.
Paso 4: beneficiar á compañía farmacéutica Gilead Sciences, dona da patente de Tamiflu, o medicamento que máis se está a promocionar e vender no mundo contra a H1N1.
Lembremos que Donald Rumsfeld, o cerebro da invasión de Irak e as torturas de Guantánamo, foi presidente desta compañía. Como dicía Morrissey naquela canción tan romántica: “life is a pigsty”.
-

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet