Un anuncio de Campofrío nun magazine. Perfecto. Xamón cocido baixo en sal. A foto dun carniceiro "familiar" a carón dunha fiambreira. A frase "el jamón que deseas" ou algo así. Méritos:
-A frase é patética pero comprobaremos que resulta seductora.
-O carniceiro inspira seguridade.
-Es ti quen vai ser desexad@ do ben (do buen@) que vas estar.
O producto non o anuncia unha estrela á que non te atreves a compararte e que te desmoraliza e acomplexa. Come.


Ademáis atrévense a tirar dunha tipografía non de pau, senon dunha semellante a esta Georgia e ¡máis gruesa! O xamón baixo en sal alimenta, quedas ben servíndoo no medio dun aperitivo e gozas de boa saúde. Pasou a época onde o fashion dominaba hexemonicamente a publicidade; agora a Saúde e o "normal" e o "real" e o "accesible" son valores moi buscados.
Ela que estea boa pero que sexa cociñeira ou neurociruxana. El que sexa premio Pulitzer e que o seu prato favorito sexa os ovos fritos con chourizo.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet