Unha vez máis cúmplese a máxima de que os que nos adicamos a algo máis ou menos creativo non somos máis que uns tristes bufóns. Divirtamos pois, que para eso nos pagan e nos perdoan a vida. Qué desexa o señor para esta campaña:
-Unha frase enxeñosa?
-Un catálogo de 1.300 páxinas sobre o edificio que está a erguer en Portonovo?
-Non? Unha Coca-Cola, quizáis...?
-Oh, eso de ahí... lo veo muy "plano".
Eso escóitollo moito a un dos meus xefes (teño 3, qué pasa). Eu xa lle digo que é o que ten o papel, que é plano.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet