A envexa dun lector conservador

Décimo aniversario dos atentados do 11-S, se alguén non se enterou merécese un premio. Obsérvese o gratuíto e ofensivo da frase e resérvese na memoria para o final da entrada. Leo un artigo de Noam Chomsky que non me ilumina, nun sentido, digamos, místico, nin falta que fai. Aporta datos e razoamentos útiles; “os Estados Unidos de América siguen sendo o único aliado indispensable de Bin Laden”, independentemente de que Bin Laden sexa unha montaxe. Supoño que son un lector conservador que se conforma con ler aquelo que sabe que lle gustará e non se interesa por nada máis.

Remato o artigo e topo con varios comentarios nos que se critica ao autor “porque está moi visto”, como se fora unha estrela do rock, e porque enarborar a bandeira do antiamericanismo é o único que sabe facer para sobrevivir dende Vietnam. Un lector audaz, sen dúbida, que ben podía ocupar a tribuna do lingüista, filósofo e activista norteamericano. A envexa corróeme.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet