Hai unha normativa municipal que prohíbe expresamente pegar cartaces no mobiliario urbano, normativa que incumpriron uns incivís en Portonovo, onde empapelaron colectores e marquesiñas con este libelo. Piden que vaias votar para sacar á alcaldesa do concello; enténdese ben, o que xa non se entende tanto é a foto; se fora un anuncio do salvaxe oeste, wanted, 300 euros e un fin de semana no Spa Carlos I de recompensa, o que quixera cobrar ía telo difícil. Tres teorías (conspirativas, faltaría máis):
1ª) Foron Rafael Louzán & Co, os superiores aos que se rebelou esta Xoana de Arco das Rías Baixas.
2ª) Foron os comunistas nórdicos que coñece Soraya Saénz de Santamaría, a voceira do PP no Congreso.
3ª) Foron de Sanxenxo e non se fale máis, a Policía Local debe elaborar un informe, “acompañado de probas gráficas”.
O que non entende a miña pobre cabeza é por qué os partidos políticos, con trato de favor aos maioritarios, si poden valerse, e de qué abrasivo xeito, do mobiliario urbano. Segundo o contido dos cartaces, estos serán respectuosos ou non co medio ambiente.
_

Nenhum comentário:
Postar um comentário