Sete metros contra os comentaristas de TVE

Toca falar de balonmán, ao mellor coñecen este nobre deporte de equipo, xogan sete contra sete, contando aos porteiros, cunha pelota máis pequena, si, que a de fútbol ou baloncesto, quizais por eso, porque as pelotas son máis pequenas e algúns as teñen tan grandes, é un deporte ao que non lle dan pulo, lémbranse del cando algunha medalla ou Iñaki Urdangarín, O Xenro. O meu curmán, limpo afeccionado a este e moitos outros deportes, colleu un caderno durante o europeo que se celebrou en Serbia e foi anotando frases dos comentaristas como remedio contra as ganas de matalos ou cargarse o televisor. Esta é a súa escolma:

Uno de los gladiadores del equipo serbio.
Maneja todos los recursos y registros posibles.
Facultad portentosa para la ejecución del lanzamiento.
España tiene mucha seriedad y sobriedad en sus posibilidades.
Está destinado a detentar ser el mejor arquero del mundo.
Un equipo que ha dado mucho colorido en los aledaños del pabellón.
Manolovich (ou aljo así): un tipo corajudo… un espartano.
El equipo magiar tiene una idiosincrasia que lo hace harto conocido.
Una grada que insinúa ser ensordecedora.

Non serei eu quen lles saque punta porque me tiraría horas e por sacar xa se sacan punta eles sos, como intuíu o curmán. Sete metros é a distancia dende a que se tiran os penaltis, por eso lles chaman así, xa sei, é como explicar que o lume queima ou que Cervantes escribiu un libro, vaia, asómbrasme coa túa facultade portentosa para a enxordecedora execución do lanzamento, colorido gladiador do espartano recurso.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet