Quen aínda afirma que na Xunta non apostan por I+D+i minte. O presidente e o seu cerebro Alfonso xa lle meteron banda larga ao 90% dos galegos, así que a calar. Por se alguén non sabe o que significan as siglas explícollo eu: I+D+i: podes baixarte unha morea de pelis, mesmo a última de George Clooney, nun par de horas. En Monte Pío, o presidente non dá feito; tivo que levarse tres informáticos de San Caetano e encargar non sei cantos discos duros para que lle axudaran polas noites a catalogar a filmoteca que no futuro doará á Cidade da Cultura.
Pretendían desmentir hoxe os mendigos de Praza Pública que esa cifra do 90% é falsa, que só o 53,3% dos fogares dispoñen de acceso a internet, o 51,6% de banda larga. Exquisitos: tampouco compañías como Telefónica ofrecen un servizo real e ninguén di nada. Se se puxeran a traballar como o noso presidente non padeceriamos tantos recortes.
_
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2012
(198)
-
▼
fevereiro
(27)
- O tempo dos pexegos (II)
- O tempo dos pexegos
- Yoani Sánchez, Twitter e EE.UU.
- Adicada ao busto de Santiago Rey
- Mañá nos quioscos xa non haberá Público
- Volve a noite da súa nai
- O deseño da famosa crise
- Traballar como o presidente
- Iván Bravo é máis sostible
- O texto que agardabamos para comprobar que si
- Inda que a simetría poida mentir
- Esta non é unha dedicatoria
- Espertou o sisudo oso do seu letargo
- Frívola ecualización do salón de actos
- Non é unha marca de roupa
- Era non cobrar en moedas de odio
- Desterrado por abrir unha conta en Twitter
- Enquisa Proceso de rexistro
- Hoxe levaríano preso coa súa conducta moral
- Os directivos son xente de conducta moral
- Unha candea ao demo
- Porque Bebe é unha artista
- As veas piden mitin
- Segunda parte do de antes
- Sete metros contra os comentaristas de TVE
- Tamén a Eilen Jewell lle gustan os Kinks
- Aos perigosos percebes que vaian mulleres e nenos
-
▼
fevereiro
(27)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
2 comentários:
Por fin alguén que di as cousas como son!. Aos meus brazos!. Por fin alguén lles di a eses mentireiros e mendigos da Praza Pública que xa está ben de tanto meterse coa inmaculada Voz de Galicia, e co Noso Santo Presidente. Ao inferno van ir!.
Sempre haberá un oco en De La Mirinda & Sons para mentes tan privilexiadas, preclaras e insignes como a súa. Cando queira póñase en contacto coa nosa sección de RRHH, que coa nova reforma laboral xa comezamos a precisar persoal logo dos sucesivos despidos, todos procedentes.
Ah, la reforma laboral, qué hermosura de reforma! Qué purificación! Tenemos a Enriqueta haciendo el trabajo que antes nos hacían 12, además de hacerle los trabajos habituales al director de La Inmaculada Voz. Música celestial.
Postar um comentário