Hoxe levaríano preso coa súa conducta moral

Algunha vez apertaron os dentes sobre unha bicicleta de carreiras durante unha curva sen fin, sen dar respirado? Tranquilos que non lles vou relatar ningún heroico pasado deportivo, aquí o fenómeno limitábase a acompañar ao seu pai e os seus amigos nas súas excursións dos domingos pola mañá, non exentas de esixencias como subir á Escusa por onde o mosteiro de Poio: a primeira vez non fun o único que tivo que poñer os pés no chan, nas ramplas máis duras, chegando arriba, porque non daba (era o noso Tourmalet, o noso Alpe d’Huez), e eso que eu era o máis novo, un neno movido por puros espíritos de superación e sacrificio, ganaba o pico, perdías ti.

Cóntoo para que os máis indolentes se fagan unha idea do que pode ser o ciclismo profesional, aínda que tamén a min me choquen os soldos que se deducen das multas que lles cravan (canto cobrarán entón os pirados dos alpinistas, oitomiles sen dedos?). Aproveito, asemade, que non todo teñen que ser marróns, para lembrar con agarimo a aquel vello de Cambados que levaba a botella de plástico chea de albariño. Vaia por el e os outros.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet