Os directivos son xente de conducta moral

Escribo estas liñas a modo de rectificación, pois o Tribunal Arbitral de Deportes ven de negar o que eu pregoaba no seu día, cando equiparaba a inmunidade de Alberto Contador á de Lance Armstrong. Sentencia máxima: despóxano dos últimos Tour e Giro, non poderá competir ata despois das olimpíadas e reclámanlle case dous millóns e medio de euros. O de sentencia máxima debe entenderse en relación aos cargos, que non son exactamente de dopaxe, non entendín moi ben o paso do solombo con clembuterol aos restos de plastificante dunha eventual autotransfusión de sangue. Que sexa unha argucia dos franceses, desesperados porque non ganan un Tour dende que se retirou Bernard Hinault, non me parece unha explicación suficiente.

Pagan os ciclistas, sempre os ciclistas (agás Armstrong), que a miúdo corren traspasando os límites do seu corpo, que se matan vivos para chegar a meta; noutros deportes, máis populares e dende logo menos duros, nunca hai sombras dunha conducta antideportiva, mesmo organizan partidos benéficos e se sacan fotos, que emotivo, van rematar coas drogas e a fame en África. Xa postos, podían organizar un contra todo o que se meten os directivos das distintas federacións, pero é improbable.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet