O PP agasalla aos xornalistas que cubren as súas actividades cunha tostadora que imprime o logo do partido no pan. Imaxinade que estades recén casados e que sodes xornalistas. Chegades ao piso que tanto vos costou amueblar pero que tan guapo vos quedou (sobre todo gracias á moza), de noite, coa tostadora debaixo do brazo.
- Olla o que me agasallaron, cariño.
- Oh, pero nós xa temos tostadora.
- Xa, pero ma agasallaron... e imprime o logo do PP nas tostadas.
Eu son ela e saio correndo do piso e pido protección policial e que encerren a ese tío, porque unha persoa “normal” non pode aparecer na casa cunha tostadora que imprime o logo do PP, e contarllo á muller tan tranquilamente.

Um comentário:

Anônimo disse...

e o logo non se pode arrincar con un picaxeo? xD

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet