Estudiar para Andreotti

Que os italianos votaran novamente a Berlusconi é comparable a que os españois votaran nas próximas xerais a Aznar. Un goberna un imperio audiovisual e o outro escribe libros e da conferencias, un métese botox e transplantes capilares e o outro déixase non sei qué melena de poeta mentras fai negocios nas illas Caimán: a aberración é a mesma, o insulto a moita peña que os vota é o mesmo (porque non todos son empresarios que prosperan “en contubernio”).
Estúdiase para “ser algo”, antes e agora, enxeñeiro de pontes e camiños, rexistrador da propiedade, abogado, director de marketing, mecánico, xornalista... presidente dun partido político. Ok. Para Berlusconi ou Aznar non fan falta estudios, nin intelixencia, nin sequera “ser espabilado” (eso que tanto valoraron sempre as clases máis ou menos analfabetas e puteadas). Para Berlusconi ou Aznar vale calqueira que saiba poñer os pes enriba dunha mesa e repetir tres veces a mesma palabra. ¿E para Giulio Andreotti? Esfinxe, Poder (con maiúsculas) encarnado nun vello cosido de bendecidas reservas (seguramente xa era vello con 9 anos).

5 comentários:

Anônimo disse...

Aznar, el mejor Presidente del Gobierno Español

Anônimo disse...

La Spagna ? Manca Finezza ! (On. Giulio Andreotti dixit)

Unknown disse...

Aznar el mejor presidente del gobierno español? Porco miserento :)!

Unknown disse...

Aznar el mejor presidente del gobierno español? Porco miserento :)!

Anônimo disse...

Il Divo

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet