Os da Voz de Galicia mandaron un dossier moi interesante para convencer a un cliente de que inserte publicidade tanto na edición impresa como na dixital. O perfil do lector da Voz é unha persoa de clase media, media-alta con capacidade de compra, inversión e decisión, entre os 25 e os 54 anos (65%). Por sexos: homes: 62%, mulleres: 38%. Son os number one en Galicia con 640.000 lectores, e os máis rentables, pois por cada mil impactos só supoñen un coste de 11,22 euros [sic].
Os números son fantásticos, ¿verdade? O malo é que comparámonos con ese lector, punto por punto, e ficamos desmoralizados:
- Capacidade de compra: referiranse a que nas rebaixas vas ao Corte Inglés (clase media) ou a unha boutique de Louis Vuitton (clase media-alta). Nós nas rebaixas nin ao mercado.
- Capacidade de inversión: metémonos nun piso de 75 m2 que en realidade é de 68 que estaremos pagando durante 40 anos (palmaremos antes: como os xapones, será a hipoteca o que lle deixemos en herdanza aos fillos).
- Capacidade de decisión: nula, baixamos ao quiosco é somos incapaces de decidirnos: pillamos o Faro, que agasalla unha vaixela, ou o Público, que trae un dvd de Blancanieves e os 7 enaniños.
E nada, entre os 25 e os 54 anos estamos, si, pero de sexo moi mal: a nosa muller abandonounos por un lector da Voz de Galicia, un tío de moita clase, gran comprador e inversor, e xa non nos decidimos nin a ir ao puticlub.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2008
(255)
-
▼
junho
(26)
- Informática, literatura e maledicencia
- O intelestual opina
- Terror do ex alcalde
- As espectaculares razóns de Lucía
- A vida despois de Ian Curtis
- A longa despedida
- Os usos honrados
- Dereito de cita
- "Os amantes" de Utamaro
- Pajas de rapaces
- Mágoa non estivera Joaquín Vidal para contalo
- Fiona Apple (todo pola causa)
- Non coma en KFC
- Un que se retirou
- Folga de camioneiros
- A conmovedora sensibilidade de Alejandro
- Fergie (Un mundo interior)
- As fantasías de Neil Hannon
- Lloyd Cole
- Títulos
- A doutora Angie
- Demoscopia
- Estudiar para Andreotti
- Un parlamento de babosos
- Momofuku
- Un disco chulo
-
▼
junho
(26)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário