
Os intelectuáis e os críticos non son moi benévolos con esta tía. O caso é que non lle fai ningunha falta. As cancións son malas como unha door de moas, vale, ¿e? Para eles encaixará no patrón de mulleres-floreiro e, posiblemente, non compoña nada. ¿E? ¿Acaso por compoñer xa eres alguén? Qué tipos, toda a puta vida queimándose coa mesma chorrada: que se es contestatario, que se es “auténtico”, que se tes “un mundo interior propio”. Esa do “mundo interior” sempre nos fixo moita gracia. Eles teñen mundo interior, esta tía polo visto non (debe estar jodidísima).
O meu xefe ten mundo interior.
Marcel Proust non [algo escribiu sobre estas movidas :)].
Eu, sen pretender compararme con Proust, tampouco teño mundo interior.
Teña vostede un mundo interior propio, e deixe de consumir productos banáis, por favor :)))))))))))))
Nenhum comentário:
Postar um comentário