O intelestual opina

Queriamos mirar de qué ía unha película, “Caos calmo”, pero atopamos algo máis que eso: unha avalancha, un volcán, miles de volcáns de información. ¿Cántos blogs sobre cine hai, 5.000.000.000? E qué nivel. En xeral a esta peli poñíana a parir por intelectualoide, o gracioso era que os que así a “denunciaban” eran uns intelectuais a cara descuberta, e fiaban frases tipo “película de intelectualidade pretenciosa”.
¿Película de intelectualidade pretenciosa?:)))) E por qué non “película de pretenciosidade desmesuradamente manifesta na súa intelectualidade”, por exemplo.
E citaban a Bergman, e a un cine francés moi concreto, e dicían que a cámara non tiña movimento e que ao nó do argumento faltáballe o plantexamento e o desenlace (joder, ao mellor esquecéronselle ao director)... Quita, quita.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet