A curar aos EE.UU.

A ver se evitamos que nos tachen de antinorteamericanos, que é ben grave, porque un pode ser criminal, prevaricador, pedófilo, presidente da Xunta de Galicia e mesmo Papa de Roma, pero antinorteamericano non, nunca, e menos agora, con Obama. É que a nós, como aos nenos pequenos, cóstanos entrar en razón, non me gusta e non me gusta e non o quero e quero ir con mamá; típico infantilismo dunha esquerda que se nega a crecer. Queremos cambiar de actitude, como o partido socialista ou o Bloque, polo que nos deixamos convencer axudados do que escribía hoxe Carlos Fuentes en El País sobre a histórica reforma do sistema sanitario aprobada no Congreso.

Xa nos sentimos mellor, persoas adultas, responsables, non importa que o escritor mexicano, o fillo do diplomático, nesgara un pouco a información; se caímos enfermos, pasaremos do SERGAS, e por suposto nada de acudir á sanidade privada; collemos un voo low coast e a Washington, onde nos recibirá o presidente cos brazos abertos.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet