Teño un fillo etarra

Non se trata de descargar responsabilidades miserablemente. Teño un fillo etarra. O que máis me doe non é eso, recoñézoo, o que máis me doe é que me minta; díxome que ía pasar unha finde romántica coa súa moza en París, e me entero pola tele de que é un terrorista vasco que ía fornecerse de coches-bomba para atentar en España. O de matar ao xendarme fixo que foi sen querer, algo raro hai aí; meu fillo, por moi terrorista vasco que sexa, non ten nada contra os policías franceses. ¿Saben qué penso? Que Sarkozy lévao moi mal para a segunda volta das eleccións rexionais e precisaba un golpe de efecto, ¿terroristas en Francia?, en 48 horas pillámolos, xulgámolos e cáenlle 30 anos que non lles quita ninguén, por moi ben que se porten no cárcere.

Non é ningún cachondeo. Hoxe mesmo, en El Mundo, podíase ler un artigo da gran Isabel de San Sebastián no que agradecía ao presidente da república a súa eficacia e firmeza contra os terroristas, non como aquí, onde os desalmados levan unha vida normal, van ao super e ao videoclub, e se os trincan viven con máis privilexios que calquera traballador honrado. ¿Qué será agora do meu fillo? ¿Poderá volver ao corpo de bombeiros cando o solten?
<>

2 comentários:

qwerty disse...

Profética a túa visión das eleccións francesas.

Xa sabes que por escribir 'etarra' á túa páxina quédanlle 2 días...
Unha lástima. Foi bonito mentres durou.

Unknown disse...

Capaces son:

http://blogs.publico.es/trabajarcansa/2010/03/22/con-esa-cara-fijo-que-es-etarra/

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet