O volume da vuvuzela

A vuvuzela, sábeno ata os que detestan o fútbol (se non son os primeiros en sabelo), é unha corneta coa que os seareiros animan aos equipos en Sudáfrica. Adestradores, xogadores e, atención, comentaristas deportivos, pediron a súa prohibición, ao que se negou a FIFA logo de botar as súas contas. A Caixa de Texto quere amosar un apoio case incondicional ao seu festivo e masivo uso. ¿Por qué “case”? Porque na tele non se escoitan, cando non podemos permitirnos unha visita a Nelson Mandela. Na wikipedia pon: "Un estudo determinou que dito elemento pode ocasionar serios danos ó aparato auditivo das persoas debido ó elevado nivel da intensidade do son que emite. A modo de comparación, o motor dun avión en marcha xera 120 decibelios (dB), e no momento de engalar 130 dB. Unha vuvuzela alcanza 127 dB."

Algún pensará que somos uns flipados que escoitamos música a 360 decibelios e non andará desencamiñado; preferimos que unha vuvuzela, o dito elemento, nos escaralle os tímpanos a escoitar aos comentaristas que levaron o España - Suíza. O desa xente si que é daniño; o partido foi malo, se fora bo a narración implicaría o traslado obrigado ao hospital. Agradeceriamos, pois, todo o que sexa barullo enxordecedor; quitarlle o volume á retransmisión ou poñer un disco de Benny Goodman non pega.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet