Bill Gates abriume os ollos

Anda Bill Gates de xira filantrópica. Esta mañán parou en Barcelona, de paso que participa na xuntanza do Bilderberg en Sitges, onde cativou a todos coa Infanta Cristina de escudeira. O pobre quixote norteamericano (porque é pobre, todo o que ten o dá), lamentou que o goberno recortara as axudas ao desenrolo; mal, moi mal, goberno amigo, eso non se fai. El País asegura que é, o pobre, un gran coñecedor da “realidade política española”, do que se deduce que El País coñece sobradamente esa realidade, que podería dar clases, do que á súa vez deduzo que eu non teño nin puta idea. Din, Bill Gates e El País, que España sempre foi un exemplo “internacional” (pois non vai ser un exemplo para si mesma) na súa aportación ao desenrolo dos países do terceiro mundo. Teño que viaxar máis pola península, e sobre todo, ler máis El País; pensaba que España adicábase a pulirse os fondos europeos (para o desenrolo) en pelotazos e resulta que non, que é un país serio, rico e avanzado. Gracias, Bill, por abrirme os ollos. Por certo, o Explorer vaiche ir como un fojete cando metan fibra óptica entre Pretoria, O Cairo e Rabat.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet