Día Hpnotiq da música


A ver se non se mosquean os de rn3 porque cada vez que poño algo seu na bitácora quítolle da parte do código que facilitan o correspondente ao título; unha porque é moi grande e me estraga a imaxe, outra, ás veces, polo que di, neste caso "Día de la música Heineken 2010"; non me gustan os días da música nin do gas butano nin o día sen coches nin o día mundial dos calcetíns de lá; non me gusta que a publicidade dunha marca se confunda coa natureza de ningún evento; tanto ten que sexa Heineken, Mahou, Feiraco ou a colonia esa que bebe Paris Hilton, Hpnotiq, que sei cal é porque un día ollei unha botella rara nun bar, preguntei e contáronme que era o que tomaba a celebridade (como se houbera que ocultalo ou pedir perdón).

- Queres probalo?
- Non, gracias. Non é por principios nin nada deso, é que son máis ben de gustos fixos; un gin tonic de Beefeater, gracias.

O caso é que entre os concertos emitidos por Radio 3 para o día da música (Sr. Cruzcampo, Águila Polock, Delorean y sus Estrellas, Nacho Budvegas, Christina Carlsbergvinge...) está este de Standstill no Teatro Circo Price de Madrid. Que os comentaristas se limitaran a presentar e despedir o concerto, coa cuña “Radio 3, Radio Nacional de Heineken” (eso si que estaría ben) entre cancións, nada máis, supoño que xa sería moito pedir. Acomódense e gocen.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet