Antón está de viaxe (IX)

Brais, cando era novo e sentía, sentíase mal; logo deixou de sentir, mais, curiosamente, seguía sentíndose mal; o autor, que non é tan intelixente como a personaxe, non se explica cómo eso é posible. Logrou ser unha persoa civilizada, con “urbanidade”, que se di; non se pasaba moito nin consigo mesmo nin cos demáis; nada era tan importante, aínda que lle molestaba o calor de Rosa nese intre, remuíño lento e pesado dunha coxa, man que tentaba as figuras do soño, penumbra entallada de arrecendos do xardín e sexo rancio; quería erguerse, abrir unha fiestra e fumar; típico caso, díxose, esto non lle pasa aos hippies, nin aos progres, nin a esa xente modesta que contribúe diariamente a que o mundo sexa máis xusto e alegre; son o home que cuspe con gratuita carraxe, guau, se a lo menos Rosa se deixara de melodramas caseiros, para min, que é o que importa, arruinando a súa beleza, durmindo como un saco de lenzo basto de aspiracións e remorsos; a linguaxe é un boomerang interior, cajo na patronal, víñalle á boca unha canción de Gabinete:

“Caray, ya no hay

estilo ni personalidad,

pues muy bien, os diré:
ser distinguido es una gran cualidad
y yo la cumplo sin dificultad.
Mi alto linaje me deja mirar
por encima del hombro de los demás,
de los demás. 


Caray, cada vez

las personas se visten peor.
Okey, soy el rey
en mantener la raya del pantalón

y en observar normas de educación...

Quitad, apartad, por favor,
porque aquí estoy yo...”

Dentro de dous minutos riríase cun riso lonxano, reflectido, de si mesmo, e aquí non pasou nada, todo controlado, a culpa é destas persoas desorientadas e inseguras disfrazadas de modernos que todo... o controlan, ah, pero non somos iguais, hai clases, por favor, non son fillo dunha educación relixiosa, lin Rayuela cando me tocaba, Antón cada vez anda con peor material, qué empanada de xoubas, vaite, Brais, non a queres e está ben así, durme, shhhh, durme, non, eu non son moderno, durme, guapa, así, shhhh.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet