Gol de Iniesta



Hoxe estou contento por tres razóns que a continuación expoño en orde de relevancia:

1ª) O gol de Iniesta.
2ª) A selección española gañou o mundial.
3ª) Non son un intelestuales que se teña prohibido flipar cun deporte de masas (oh, estamos aliesnados!) e cun país que non queremos como é España. Onte, ao deitarme, sentíame como un neno, e lembrei cando meu pai me levaba a Balaídos.

Á tarde o mesmo escribo unha crónica do partido; con moito coidado, non vaia ser que entre un holandés errante pola fiestra e me faga unha demostración de kickboxing. Carallo cos holandeses, os que ían xogar ao fútbol. Por certo, a FIFA debía establecer unhas regras básicas para o final deste tipo de encontros, por exemplo: os holandeses non tiñan dereito a chorar por perder.
<>

3 comentários:

Anônimo disse...

Outra regra básica:
-que lle fagan o antidoping aos árbitros antes dos partidos (iso de non ver cousas que todo o mundo ve a min chéirame a psicotrópico) ou que o legalicen dunha vez.

Óscar disse...

O de antes era eu, non anônimo, que este aparello toleu e xa nin recoñece aos amighos.

Unknown disse...

Lin o primeiro comentario e tiñas que ser ti. O do Bar aínda ten os ollos roxos. Comenzan en radio, tele e prensa a instrumentalización política e as babosadas... Gol de Iniesta, ostia!

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet