Se hai que palmala nun ascensor



Hai quen, créndose inmortal, pagándolle á ciencia, un día, unha vez, detense uns segundos non para imaxinar a súa morte, senón cómo morrer; a morrer, morrer por todo o alto, con foguetes entre o colchón de cartos e a muller 70 anos máis nova. Non son unha persoa ambiciosa e coido que de morto aínda o serei menos, polo que me conformo cun final normal. Desculpen o tema e o seu tratamento; saltou “God bless the child”, cantada por Sharleen Spiteri no disco que se marcou de música de ascensor; pensei que non estaría mal, nun ascensor e cantando Sharleen Spiteri.

Os entendidos opinarán que é unha aberración; a voz de Billie Holiday é intocable e a cantante de Texas non é máis que eso, a cantante dun grupo de pop profanando algo vivo. A comparación sobra; dor atopada, pracer rexeitado e reinventado. A familia non, pero eu conformaríame con ese ascensor.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet