Cando un "colega" pide "un pequeno favor" sempre hai que facerllo. Por colega, obviamente, non entendemos a unha persoa coa que coincides no bar logo do curro; un colega é alguén que, na súa magnanimidade, moléstase en facerte partícipe das súas aventuras filantrópicas (si, señoras e señores, a filantropía existe). Tema aparte é que ti non esteas á altura, como nos pasou a nós.
Un filántropo do pobo que sempre se desvela polos demáis, especialmente polos nenos, aos que adestra nun clube de baloncesto para que non sucumban aos destructivos encantos das drogas e da carne, pediunos un cartel para colocar en "locáis públicos" vendendo un décimo de lotería de nadal: 20 euros o décimo e tres euros a doazón para contribuir modestamente á continuidade do proxecto deportivo-social. Ben.
Hugo, que así se chama o filántropo, quería que lle fixera o cartel cunha foto de Pau Gasol que el, persoalmente, recortara con todo o seu agarimo do Marca (o que crecen os rapaces!). Nós, que somos uns petardos, dixémoslle que esa foto non servía para nada, pero que lle buscabamos unha, que a silueteábamos, etc.
Así o fixemos. Ao día seguinte, no bar, dixo que non, que por algo nos pedira que fixéramos o cartel coa "súa foto", que o fixéramos coa súa foto e que lle deixáramos vinte copias na cafetería que temos en fronte do curro a eso da 11 da mañán, de paso que nos tomamos o café do funcionario.
Os funcionarios que non somos funcionarios non puidemos saír tomar café, e cando fumos xantar deixámoslle unha copia no bar para que a ollara e a ver se daba o seu "visto bo".
Resulta que a ollou e que lle daba "o aprobado", pero: ¿por qué non llas deixáramos á mañán na cafeta, 20 copias? ¡Tivo que recoller o noso ridículo curro pola tarde, e logo gastar 6 euros en fotocopias! ¡Un curro que podía facer el na casa se ningún torpe familiar lle extraviara... o Word!!! ¡Porque xa o facía el de puta madre co Word de toda a vida!
Non tomou nada. Veu "pegarnos o toque", deixarlle claro a todos que este pobo rematará apodrecendo con peña tan negada e egoísta coma nós.
Pero tranquilos: os rapaces seguirán aprendendo a defender en zona, practicarán os tiros libres e comportaranse como deben fora da cancha, comenzando polas duchas.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2008
(255)
-
▼
agosto
(20)
- David Byrne
- Sharleen Spiteri pásase ao soul
- Manipuladores
- A sombra do patrón
- "I've been stabbed in the backso many many timesI ...
- A familia
- Outra dos Enemigos
- De como estrañar a mili
- A gramola dos anos 30
- Prensa protectora
- Os pensamentos de Josele
- A barraca on line
- Entrevista na radio
- Dj LAB:B
- Hai que coidar aos colegas
- O anuncio do Golf
- Qué foi antes
- Escritor/a sobradamente preparad@
- Aforismos?
- Todos os domingos de agosto
-
▼
agosto
(20)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário