Vese pero non se ve

A visivilidade é un concepto que traspasou hai tempo as fronteiras do marketing, ou, sendo algo máis exactos, é un concepto de marketing que hoxe en día se aplica ata nos asuntos máis íntimos. Na vida política, que oscila entre a publicidade e os medios de comunicación (o vello cuarto poder), acéptase que sexa algo capital para gañar ou manter o poder. Á dereita, ao “ostentar” dito poder “por natureza”, non é algo que lle preocupe demasiado; sen embargo, non poden ocultar reflexos atávicos, como demostrar quén é o que manda, quén leva razón (redundancia, si). Por eso detestan a Mariano Rajoy. Estos días ladran como cans rabiosos porque supoñen que non lle faría falta nin presentar unha moción de censura para ocupar a Moncloa, abondaríalle con ir alí e sacar a ZP (a dereita complementaria que tanto lles desgusta) a patadas.

Nun libro de Carlos Fuentes pódese ler esta frase: “Vi lo que es el poder: una mirada de tigre que te hace bajar los ojos y sentir miedo y vergüenza”.

Un columnista de El Mundo, David Gistau, comparaba hoxe a Rajoy co espermatozoide de Woody Allen que, “agardando a luz verde do salto como un paracaidista, confesaba pavores e dudas existenciais nun sketch de Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo...: ¿e se está a masturbarse e morro aplastado contra unha parede?”. Certamente, a dereita, dende Rajoy a David Gistau (pasando por Allen...), fainos sentir vergoña (allea), pero non temamos, porque o verdadeiro poder permanece oculto.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet