Afganistán: misterio ou escaparate?

O outro día mandaron un mísil intelixente que se cargou a non sei cántos civís, e onte as forzas da OTAN mataron a sete policías afganos. Se tiramos do rosario hacia atrás, podemos ir contando todos os soldados occidentais e pro occidentais abatidos por fogo occidental. Os talibáns non é que non morran nin a tiros, é que non deixan de reproducirse, e semella que non teñen que gastar moito en munición para defenderse. Non sei quén dixo hai xa anos que nas guerras modernas, se queres sobrevivir, tes que vestirte de militar, porque as baixas van sempre para a poboación civil. Afganistán é a excepción que confirma a regra: alí, agás os talibáns, palman todos.

No caso do mísil intelixente, un alto mando do exército estadounidense apresurouse a explicar que funcionaba perfectamente (o mísil), que impactou no obxectivo marcado; se alí había civís eso non era culpa do artefacto. É como se dixera: temos unhas tropas desastrosas, soldados cobardes e estrategas alcólicos, pero o noso armamento é o mellor armamento do mundo, aproveiten, observen e merquen, merquen, as novedades do ano pasado vendémolas con absoluta discreción cun 25% de desconto, ¿a qué agardan? E vai un talibán e regatéalle, ¿do ano pasado?, déixasmas a metade de precio ou non hai trato.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet