O retiro sen inquietude de Teddy Flautista

Os sindicatos movilizáronse porque o goberno quere retrasar dous anos a edade de xubilación. Tema sensible; pactan con patronal e goberno continuas perdas de dereitos para os traballadores, asinan obedientes os papeis que os outros lles van sacando da carteira de coiro, agora aquí e aquí, así, moi ben, pero a xubilación aos 65 non ma toques, como dicía Isaac Rosa, quen, con admirable calma, aínda era capaz hoxe de facer unha lectura positiva da folga. Digamos que a min gustaríame ser como este sevillano, non como son, un intolerante que asegura que entre os sindicatos modernos e o sindicato vertical do franquismo apenas hai diferencias.

Raúl del Pozo, que non é un cursi (e con esto non lle estou chamando cursi a Isaac Rosa) e pasa de cargar cos pesos excesivos das ideoloxías (polo que pode escribir sen problemas en El Mundo), aseguraba ao mesmo tempo: “Tenían razón los rojos, los sindicalistas no son sino un apéndice más del Estado”.

¿Qué facer? ¿Ónde situarse? O ideal sería espabilar seguindo o modelo Teddy Flautista, que se pode xubilar cando lle pete cunha pensión de 24.511,49 euros mensuais máis o que cobre, naturalmente, polos dereitos de autor.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet