A SGAE contra as barberías: a saga continúa

A semana pasada era Víctor Manuel, que dixo que se casas e pagas por uns langostinos para 200 persoas, porqué non vas pagar pola música. Está claro que as bodas xa non son o que eran, antes polo menos había uns peludos, cigalas, camaróns, ameixas, vieiras, rodaballo ao limón, cordeiro asado, tarta nupcial, licores, puros, rioja e albariño (falamos dunha boda “normal”, coas familias dos noivos atravesando apuros económicos); agora todo o que podes facer é pedir un crédito ao banco para pagarlle á SGAE e, co que sobra, pillar uns langostinos conxelados, que non só de música viven os convidados.

Esta semana foi Ramoncín, que a quen pille o seu sofisticado equipo de avogados, on line ou non line, ríndose del, métenlle un puro (dos outros).

Onte a quenda correspondíalle aos salóns de peiteado. Quizáis Ana Belén, ou Ramoncín, ou Teddy Flautista (Víctor Manuel non, que el ven da mina), quizáis algún deles, diciamos, foi cortar o pelo, ou facerse unhas mechas, e, co seu agudo sentido da música, metida a cabeza na cabina do secador, decatouse de que alí soaba... “El hombre del piano”. Veña puro.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet