Pasounos por riba un "think tank" do PSOE

O goberno quere retrasar en dous anos a edade de xubilación. Os 65 como data para tirar as ferramentas está vixente nada menos que dende 1919. Tocaba perfeccionar o sistema, porque con tanta saúde e benestar a esperanza de vida non deixa de prolongarse, e porqué imos traballar uns poucos para que outros moitos vaian sentar ao parque a botarlle billetes de 500 ás pombas. O ideal, xa se sabe, é currar toda a vida, xubilarse e palmar inmediatamente. Polas contas do Estado. Polo ben de todos. Á CEOE non lle parece unha mala idea, aínda que se non se abarata o despido de pouco vai servir, mais que non se preocupen os señores empresarios, comenzando por ese xenio chamado Díaz Ferrán, que ZP é unha persoa sensata, mesmo antes de ser presidente cedera xa ás súas esixencias; acontece que como socialista optimista que é non vai soltarnos de entrada aos pobres ignorantes que non temos nada que rascar (“OTAN, de entrada no”, ¿lembran?).

Esto vai dentro dun paquete de medidas destinado a demostrar que son serios e eficaces nestos tempos críticos, coa coartada de garantir o cobro das pensións a partir do 2020. Para eso están os think tank; hai que bombardear á "opinión pública" con medidas, dá igual qué medidas, o caso é bombardear, mentras o río dos cartos segue o seu tranquilo curso. Bombardear ás pombas, aos vellos, aos bancos de madeira, aos fumadores, aos carballos e aos currantes. Para eso pensan, e cobran ben.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet