Suben as escadas graciosamente



Pasaba con automatismo as páxinas dun xornal cando cheguei á páxina desta foto na que me detiven un segundo: xa están estos outra vez bailando, e seguín pasando páxinas, pero logo regresei á foto; algo na cabeza dicíame que non máis alá das obvias pernas da muller de moda, ¿e qué era?, que estaban subindo ao Air Force One, non bailando, malia non estar desatinado pensar que suben sempre as escadas do avión emulando pasos de Fred Astaire e Ginger Rogers, porque, a lo menos en Europa o sabemos, a parella móntase unhas coreografías que dá gloria velos.

Logo, xa postos, ata lin a nova que a foto ilustraba, o da seguridade nos aeroportos. Pensaban no nixeriano Umar Farouk Abdulmutallab, a quen fixeron famoso polos seus gallumbos terroristas, e nas medidas que van adoptar ao respecto, por eso levan o paso cambiado no intre do flash. Dancemos, dancemos todos.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet