Así neve todos os días

Centro e periferia amañeceron onte difíciles, perigosos de penetrar; máis polo xeo no asfalto que pola neve. Non sei se as máquinas quitaneves serven para algo cando non ficas sepultado baixo folerpas, se é cuestión de sal a esgalla, pero resulta que o concello non dispón de dispositivos contra nevadas, e solicitou as máquinas a Fomento e á Xunta. Os traballadores da conserveira Alfageme viñan manifestarse porque corren o risco de perder os seus postos de traballo e hai meses que non cobran (a trivialidade de sempre: unha inmobiliaria fíxose coa empresa e ten plans mellores que enlatar mexillóns, como tirar a histórica fábrica do Berbés, en Vigo, e erguer non sei o qué). As máquinas tardaron en chegar.

Qué mañán tan tranquila; ningún tractor diante de San Caetano, nin bombeiros, nin enfermeiros, nin conserveiros, ningún retrasado esixindo dereitos laborais ou pedindo cartos (os cartos, neste caso, que llos pidan a Caixanova e ao Banco Popular). A Quintana non era espello dunha turba desconforme, era unha alfombra branca fornecida polas gárgolas para goce dos nenos. Así sexa todo o cuadrienio.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet