Á miña filla que lle dean o inglés en francés

Esto non é por suscitar unha polémica gratuita, nin resposta a un nacionalismo obtuso e intercambiable. Son un cidadán que paga os seus impostos, exercendo responsablemente o seu papel dentro da Democracia, coñecedor dos seus dereitos e deberes. Como tal, esixo ao goberno do señor Feijóo que dinamice a reforma sobre o galego nas aulas, de xeito que a miña filla teña acceso á aprendizaxe de todas as materias en francés, todas, non só as troncais ou as que se consideran de máis peso, matemáticas e conocimiento del miedo. Non son ganas de enredar: somos unha familia con ascendentes napoleónicos, de cando a Guerra de Independencia; algún soldado sacouse a casaca e algo máis, e no barrio non somos os únicos. A lingua e a cultura francesas, polo tanto, son importantes, case diría “vehiculares”, para nós.

¿Estou pesado co tema? ¿Si? Pois esto non é nada; para un 2010 do trinque prometo adicar 9 de cada 10 entradas a Feijóo e a súa fabulosa política lingüística. Sacrificarei a literatura, o deseño e a música; deixarei a cervexa, practicarei deporte na Wii Fit Plus, rezarei (¿qué lingua ordea o Papa de Roma?); exercerei responsablemente o meu papel dentro da Democracia. Esto é a guerra, amigo.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet