Nunha reportaxe sobre o famoso cárcere da base naval de Guantánamo entrevistan a algunhas das persoas que alí traballan. A bibliotecaria xáctase de estar a facer historia, ademáis de levantarse unha boa pasta (para que logo veñan os beatos da esquerda e digan que os Libros e a Cultura son bos por natureza). Un tal Zac, “consultor cultural” (manda carallo), asegura estar orgulloso do servicio que presta aos EE.UU. (ou sexa que é un vendido, un traidor). O xefe médico comprácese en informar que alimentan aos presos por vía intravenosa, dándolles a escoller entre soro de fresa, vainilla ou chocolate. Deixo para o final o testemuño do psicólogo, que os psicólogos son profesionais que me caen simpáticos xa dende pequeno. O psicólogo da prisión di que adora o seu traballo, que se sinte realizado curando os traumas cos que os presos pasan á sombra, traumas que moitos xa arrastraban mesmo antes de ser terroristas, conflictos sen resolver cos seus pais ou as súas esposas, ¿que cinco se suicidaron?, non foi polo réxime carcerario (fresa, vainilla ou chocolate, claro), foi “máis ben polo estrés do campo de batalla ou por problemas persoais” (sen comentarios, doutor Freud).
Escoitas falar das torturas como quen escoita ao home do tempo, estas declaracións, sen embargo, coido que dan unha idea cabal do que é o horror, O HORROR! Intercalei algunha opinión miña, pero todo o que din é certo, pódese ler en varios xornais “serios”, o que nos lembra que os medios de comunicación véndennos unha realidade, un mundo, sen o máis mínimo sentido do decoro e a vergoña. Ou eso ou como torturadores son dun refinamento superior que non acabamos de comprender.
O noso amigo psicólogo, por certo, aprendeu a bucear; ¿sería atraído polas paradisíacas augas do Caribe ou debemos buscar algún motivo na profundidade da súa psique?
<>
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2010
(351)
-
▼
janeiro
(30)
- Pasounos por riba un "think tank" do PSOE
- A canción do recluso
- A primavera en Islandia
- Nin o PP atrévese a tanto
- O precio pode axustarse
- Signo de modernidade
- Cómo medir unha maioría social
- O do 3º H chánalle ao alemán
- A SGAE contra as barberías: a saga continúa
- Rosa Díez: A metástase 2
- Análise da RAG das bases para o decreto
- O éxito de Neko Case
- Devocionario de luns
- Exposición de/ou sobre Sonic Youth
- I'm a poet, Mr. Botín
- Bin Laden, voceiro de IU
- ETA averiounos o lavapratos
- A illa da frivolidade negra
- Solidariedade portuguesa
- Entrevista
- Anuncio de coche en tv
- A realidade en Guantánamo
- Así neve todos os días
- Suben as escadas graciosamente
- O coitelo e a ría
- Que lle quiten puntos no carné
- De presidente a Companys
- Haiku
- Xosé Luis Barreiro Rivas
- Á miña filla que lle dean o inglés en francés
-
▼
janeiro
(30)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
2 comentários:
Os xornais "serios" e os medios de comunicación hai tempo que nin saben o significado de palabras como 'decoro' ou 'vergoña' (e persoalmente alégrome de coñecer a alguén que aínda as usa, caro amigo).
A alegría é mutua, Óscar.
Postar um comentário