Qué opinas de The King of limbs?

Hoxe fai unha semana que saiu, como unha sorpresa anunciada, o novo disco de Radiohead. Saír quere dicir que o colgaron na súa web como todo o mundo sabe, a 7 euros en mp3 e a 11 en wav, podendo encargarlles o box set (ou como lle chamen) que sacarán para maio, a 36 ou 39 euros, que incluirá dous vinilos de 10 polgadas e a arrepiante cifra de 600 ilustracións. A prensa repetía os interrogantes que abría na industria da música o disco anterior, In Rainbows, mentras os críticos atopábanse de súpeto, sen marxe de escoitas previas, sen eco promocional, sen filtracións, sen cartos de ningunha compañía, co urxente traballo de escribir as súas críticas. Qué pouco valoran ao gremio!

Polo que puiden ollar por aí, aténdonos as valoracións ao uso, os críticos máis conservadores, achando o disco conservador, outórganlle un 6 sobre 10; mentras que os críticos máis listos, contando con que O Tempo Revaloriza as Obras dos Artistas Xenuínos, atrévense cun 8, máis ou menos (sen deixar de laiarse, nada máis comenzar a escribir, por non ter tempo para “ponderalo”).

Para min escoitar o disco, este disco, como calquera outro, é algo un pouco máis natural, máis sinxelo, desculpen a soberbia. Radiohead non estaban mal dende que se deron a coñecer con Creep, pero non me dicían nada. Nin o OK Computer ao que todos se rendiron como adoradores da vangarda de masas me dixo nada claro no seu día, aínda picándoo no pub no que traballaba como logo piquei Kid A (o de que é un disco sen singles é tan relativo). Entráronme, chegoume a hora de flipar, anos despois, hacia adiante e hacia atrás. E atallando chegamos a The King of limbs: non, non descobreron a pólvora de novo, pero tampouco é máis do mesmo, que diría un crítico, e qué máis dá, quedará aí aparcado, que non desestimado porque si, o nome da banda ten peso para min, e cando me entre gozareino, e se non me entra tampouco pasa nada.

Aínda que os entendidos xa elucubran con que o Obra, finalmente, será dobre, e as oito cancións de The King of limbs un suave e enganoso adianto.

Coido que xa me vai entrando, en serio :)

E ti, qué opinas (vale empregar tecnicismos, enciclopedias, lembrar a aquela moza que te tiraste escoitando non sei qué canción...)?
_

9 comentários:

Óscar disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
qwerty disse...

Si, vouno dicir: é un disco "conceptual", ou sabes algo do concepto da árbore ou te perdes a metade da historia.

Hai quen di que é un disco conservador. Pódenche gustar máis ou menos as cancións, as composicións, as orquestracións... pero esas melodías de fondo, esas paranoias sónicas sobre as que se constrúe o resto da canción, esa "forza" das guitarras (son dos que pensan que algunhas cancións gañarán cando se toquen en directo), esas voces "raras" (soarían raras nalgúns grupos) representan a súa particular visión da música. Máis que conservador eu diría que é continuista, non por continuar o anterior disco senón por seguir sendo -soando- ao que son.

O dito, un disco conceptual. Os que coñezan o concepto Radiohead non atoparán nada raro -nin novo-, os que non o coñezan non adicarán máis de 10 minutos a escoitar o disco enteiro.

Puntuasión: poñamos un 3 sobre 5 (2 para algunhas cancións e 4 para outras). Iso é o que me parese despois de escoitalo unha vez, ao mellor dentro de tres meses me parece unha xoia ou un lixo, vaite ti saber, que isto das puntuasións xa se sabe.

Unknown disse...

Liam Gallagher dixo:

“Ao escoitar o puto disco de Radiohead dixen ‘¿Cómo?’. Góstame pensar que o que facemos, facémolo fodidamente ben. ¿E eles escriben unha canción sobre unha fodida árbore? ¡Dádeme un puto respiro! ¿Unha árbore milenaria? ¡Que vaian tomar polo cu! ¿Pensarías que ía escribir [Thom Yorke] unha canción sobre unha árbore moderna ou unha prantada a semana pasada? ¿Sabes o que quero dicir?”

Unknown disse...

Bos días. Permítanme que me presente: son don Agustín de la Mirinda, director executivo de Asociación Democrática Sen Censura Previa (ACDC, en inglés). É o meu deber informar ao administrador que a nosa Entidade emprenderá accións legais contra el, en base á flagrante censura da que se serve para acalar aquelas voces que non son do seu agrado ou interese (ahora no, Enriqueta, no ves que estoy trabajando?). Recibirá en breve a visita dos nosos avogados, membros do prestixioso bufete De la Mirinda & Sons.

Sen outra, reciban un cordial saúdo.

PD. Saiban que a nosa Entidade tamén emprenderá accións legais contra Radiohead, en base á vulneración da Constitución, no punto 3/4, sección segunda, páxina catro, parágrafo tres, segundo o cal se prohibe gravar discos que a poboación non comprenda. Quero aclarar que non é nada persoal.

Óscar disse...

Don Agustín, ya está, ya puede abrocharse la bragueta, voy a ponerme de pie que tengo las rodillas hechas cisco.
¿No tendrá por aquí algún pañuelo de papel?, es que tengo una clientela VIP y no les gusta encontrarse restos de otros servicios.
Mañana no podré pero el lunes a primera hora estoy aqui.

¿Como le anoto?, ¿sin IVA?.

Óscar disse...

Enriqueta, mi amor, cuando te limpies acuérdate de llamarme, soy Felipe Luis.

Ah, el troll me ha dicho que a las cinco donde siempre, y que lleveis los bates, el Josemi se va a enterar!.

Óscar disse...

Hola, soy Ramoncín.
Estais usando el nombre de Enriqueta, y Enriqueta era mi tía la de Soria; os voy a poner una demanda que os vais a cagar!.

Y a Vd, don Agustín de la Mirinda, también lo voy a demandar, dos veces: una por utilizar el sacrosanto nombre de la mejor bebida refrescante de naranja de la historia, y otra por utilizar para su organización el mejor acrónimo registrado nunca para un grupo de música.

PD: Enriqueta, cuando termines con Felipe Luis llámame. Y no hace falta que te limpies, que yo soy muy punky!!.

qwerty disse...

Hola, soy Josemi.
Sois todos unos maricones y unos medias nenas!. Y decidle al troll que lo estoy esperando, que le voy a dar por ... con las esposas puestas, y a los que vengan con el también!. Venid, cobardes!. Venid de uno en uno que os voy a dar a todos hasta que acabeis escocidos!!.

---------------------------------

Sr. don Agustín: soy un buen católico practicante, medroso de Dios, que voy a misa todos los domingos, y confío en su buen criterio como recto vigía moral de este mundo tan diabólico para no censurar mi pequeño desliz con la buena educación del anterior comentario.

Sin más, se despide de Vd. su más fiel servidor.

Unknown disse...

Jajaja, jajaja... muy bueno lo de que eres muy punky, o sea sucio (soy inteligente), pero mucho me temo, yo que soy temeroso de la Ira del Señor, que poca bragueta, con perdón, tienes contra nuestra organización.

Josemi, tú tranquilo; es deber de buen pastor cuidar de su rebaño.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet