Incrementar os seus esforzos

Tiñamos a un publicista xenial metido na casa e nós, como sempre, sen enterarnos. Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural, goza dende hoxe da miña máis profunda admiración. Coido que foi nunha entrevista na SER, aproveitando que estaba de finde en Madrid asistindo á Conferencia Sectorial de Agricultura, que é unha conferencia moi seria onde falan con moita seriedade de agricultura e xamais de esquí acuático. Alí déronlle pé a que lle amosara o slogan do futuro á humanidade consumista: “deben incrementar os seus esforzos”. Ninguén desexará xa incrementar clientes, beneficios ou aparellos. Todos incrementaremos os nosos esforzos.

Slogan de Coca-Cola: (ti) es feliz.

Slogan do Conselleiro: vostede incrementará os seus esforzos.

Referíase á tarefa de apagar os incendios, pero un recoñece unha frase cando “ten potencial”. Esta xente vai moi adiantada, por eso cando arde o monte un está en Madrid e outro en Montevideo, xa nin sequera se molestan en sacarse unha foto de heroes, ao pouco de chegar á Xunta repartiron e amarraron, agora o problema non vai con eles.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet