O misterio do envoltorio dos caramelos

Non soubemos comunicar as nosas medidas, velaí o mantrameaculpa de PP e PSOE cando non se sinten apoiados pola cidadanía que lles vota, por aquelo de non perder o servicio no seu particular partido de tenis. Admitímolo, admitimos que non se expresaron con claridade e nada máis. Se tan conscientes son delo, por que caen no mesmo erro? O PP pretende quentar a precampaña repartindo caramelos como marketing de guerrilla, sorpresa, no interior dos papeis de parafina lense proclamas contra o ogro con o de Rubalcaba.

Limón: “Dice Rubalcaba que si gana no hará recortes sociales. El mayor recorte social son cinco millones de parados”

Laranxa: “Dice Rubalcaba que si gana no hará recortes sociales... Que se lo diga a las madres, pensionistas, parados...”

Xa que estás cúrrate un pouco o tema. Eu chego do mitin do PP, logo de encherme a pinchos de empanada e tortilla, cos petos a rebentar de caramelos, e dígolle á miña filla, ai toma, filliña, para ti todos, pero antes de tomalos tes que ler o que poñen por dentro, que está moi ben, moi doce e acedo e divertido.

Despois din que non hai cartos: púlense unha pasta nunha campaña dirixida por unha axencia in-ter-na-cio-nal, oia vostede, algún amigo creativo, para quitarlle aos nenos as ganas de tomar lambonadas.

Como campaña de prevención da carie non estaría mal.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet