Hoxe coido que non había nova ningunha sobre Mourinho en El País. As Festas. O Descanso. Eu quero que non se esquezan del, quero participar no seu circo, alimentar o seu infantil ego. Tantos ruído e furia, tanto special one, tanto para que? Para que se quede. Se eu son o presidente do Real Madrid obrígoo a cumprir o contrato, inda que o incumpra porque pode; pronúnciome ante Os Sagrados Medios: a miña vontade é que remate cando menos a tempada no club, que pelexe pola Champions (a poder ser por métodos deportivos e sen declaracións bla bla bla) e logo que se vaia.
Se marcha agora, que legado á altura da súa vaidade deixa? Unha liga e unha Copa de Su Majestad El Rey de Fútbol, gañadas ademais nun miserable clima de refrega inventada? Inda que gañe a puta Champions, xa dixen corenta veces que por títulos que non sexa, mesmo que lle dean as máximas condecoracións militares, a presidencia do goberno que el considere, un Nobel de algo, e que Berlusconi lle busque unha moza que o faga feliz se pode.
_

Um comentário:
Estou contigo: que remate a tempada. E que continúe un par de anos máis no Real de Madrí. Que vai ser de nós sen El?. Que será da prensa deportiva da caverna sen Deus (co permiso de Ansar)?
Postar um comentário