Nicolás Sarkozy, animal político de moda, tirou de comunicado oficial, dende o Elíseo para todos os franceses (incluidos os do extrarradio): estou namorado, vou casar e a Prensa que se coide de entrometerse no curso dos acontecimentos.
Carla Bruni, subespecie de cantautora progre moderna con pasado de top model afrancesada, confesou que a “monogamia” [sic] abúrrelle, pero que está namorada, etc.
O morbo que despertarán as súas intimidades, si, e de qué extremada importancia nacional e internacional: ¿se lles vai mal (ambos deben saber que o matrimonio é a primeira causa de divorcio), romperá Francia os acordos comerciáis con Libia?

Os franceses querían a un presidente que os sacara do seu longo soño decadente, e aí o teñen.

¿Cándo se nos liará un Zapatero ou un Aznar con Marta Sánchez ou Eva Amaral ou La Oreja de Van Gogh ou El Canto del Loco?

O de Sarkozy coa prensa é manía persecutoria.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet