Manual de épica para Djukic

Chegas tarde a Balaídos, o partido é ás sete e media e a sobremesa é longa, con augardentes e cigarros. Algúns respectan eso que din os preparadores físicos de que non se pode follar antes de xogar ao fútbol, inda que hai gurús para tódolos gustos e petos. Átaste as botas con desgana. Saúdas aos do equipo contrario, quedas para despois. No medio do partido sacas o móbil, ollas o correo e reservas mesa no restaurante para eso das once, hoxe vai ser boa, 85 puntos, 2 roubos do Deportivo, notable participación da canteira para un fútbol notable e moitos goles.

Estupendo que o adestrador do Valladolid, pelexando polo ascenso directo, exercite a retranca, mais uns anos na Coruña non son suficientes para graduarse nunha materia que non é unha materia. O Celta regresa a primeira. Sei dun desencantado do fútbol (dérase de baixa como socio e non polos resultados) ao que lle faría ilusión. Treme Mourinho, ala Celta.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Xogando así, e sumando dous ou tres xogadores novos, dentro de pouco estamos outra ves xogando contra o Manchester!.

Celta, Celta, Celta!!

Unknown disse...

Bah, o Manchester non nos dura 20 minutos, eu agardo polo Chelsea, o Inter e o Madrid. Confiemos en que o Barça non nos fiche á metade da plantilla.

O ceo está azul, no Terraza si que debeu ser boa, compañeiro, oé, oé oé oé.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet