A mensaxe é o no que un cre cando lle preguntan



O mellor guitarrista da historia, sen recato, por motivos nos que non me vou deter, saca disco. Johnny Marr camiñando so. A saber o que opina Morrissey. Eu opino que conserva intacta a súa capacidade para asinar melodías inmortais para o barrio, pero que están obrigatoriamente capadas. Tantos anos tocando para tanta xente, músico de estudio e directo, entreténdose como se fuxira do peso do seu propio nome.

Un desatou o seu narcisismo, o outro preferiu facerse invisible.

Este é o adianto do que publicará en 2013, e sen embargo non podo evitar que referirme a el sexa outro exercicio de nostalxia (e xa van dous seguidos: mal rollo). Por iso está ben conservar os discos dos Smiths sen escoitalos.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Canción guapa e clásica: melodía ben feita, toque guitarreiro a media canción...
Iso si, ghastar, o que se di ghastar, non ghastaron chica no video: un amigho cunha cámara e un calsetín neghro diante do obxectivo :)

Unknown disse...

Díxolle David Cameron (si, o que soltou no Parlamento que era fan dos Smiths meténdolle na cabesa a Morrissey a idea do suisidio) que non hai chica.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet