Foto de Víctor Jara (II)

Non é unha foto de Víctor Jara, que abundan, e a máis popular, equiparable á do Che, aquela que sae coa man, te recuerdo Amanda, os surcos da terra, e todo eso. A nostalxia é un gran invento: así logo xente “autorizada” como Vargas Llosa di que aquí en Europa algún aínda soña co “bo guerrilleiro latinoamericano”, un revolucionario que ven da clase media tan cultivado e noble como ridículo, que loita na selva, sen perder de todo os seus modáis, contra os intereses imperialistas dos EE.UU. e de paso alivia a nosa mala conciencia (qué “sibilinamente” empregan ese plural: mala conciencia terás ti, colega).
Non é unha foto de Víctor Jara, é a foto dun chileno con sangue indio esculpido na fronte (un xa se pode permitir certa linguaxe) erixido polas circunstancias en voz. ¿Cómo e dende ónde olla? Olla con desprecio, con noxo, orgullo, un orgullo brutal, sufrimento, impotencia e, tamén, si, con algo de pose, porque xa entón alguén como el manexaría esas movidas e a historia obriga.
En moitas outras fotos aparece sorrindo, como querendo demostrarlle “aos seus” que a ledicia de vivir está por riba de todo.
En fin, abonda.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet