O barrio

O artista do barrio é un tipo intelixente e inquedo. Evita os centros comerciáis. El segue pillando o que precisa nas tendas do barrio. Sae en “Cuatro” para erixirse en voz da súa xente do barrio. Nas súas cancións fala de “situacións” cotiáns: non ter pasta para un tatoo, os estragos que fixeron as drogas nos seus coleguis do cole, o apoio da familia, o polvo que ten a nai de Federico. Agora mesmo escoita a un bluesman de Misssissssipppi que é a caña. Él é moi sinceiro, moi visceral; quizáis eso lle perxudicou nunha profesión na que ante todo prima a pose e a impostura (a palabra impostura é miña, tranquilos), pero non se arrepinte de nada. Ante todo hai que ser auténtico e manter a actitude nestos tempos de crise.
- E por qué hai que manter a actitude nestos Tempos de Crise?
- Joer, eu non son político, o meu é facer cancións, pero como cidadán, abres o xornal, e non podes quedarte… así como que non pasa nada.
- E qué é o que pasa?
- Tío, en qué mundo vives? No Mundo Real pasan cousas, sabes? Eu non sei se gañará Hillary ou Obama, nin me importa porque eu son anarquista (xa de pequeno), pero o outro día no meu barrio violaron no meu barrio a irmá da miña… da miña churri, sabes?
- E cómo xestionaste a crise?
- Cal… crise?
- A do barrio.
- Tío, estás quedándote comigo! Colega, quédante dous telexonáis. Quén coño te cres? Todos os críticos sodes iguáis, dades noxo.

Cando entrou un tipo da compañía para dicirme que se me esgotara o tempo, un sol xaponés, minimalista, e con texturas afroamericanas, poñíase sobre o skyline do barrio.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet