Olimpíadas de 1920

Xa se sabe que a historia está para fantasear con ela, dende os tempos de Heródoto ou Plinio o Vello aos libros de texto das escolas actuais. Feitos gravados nun palimpsesto salientado polo rigor, a ideoloxía, a relixión, a ciencia, a desaprensión, o fanatismo, a literatura, a estupidez e outros moitos inventos do ser humano. Tarántula de tinta tecendo épocas e séculos, tarántula que obedece á súa natureza, aínda que algúns se arroguen alimentala como unha mascota a exhibir no salón da casa. Feitos pasados lexitiman prédicas actuais. Historia do fútbol en España, relación dos xogadores que a representaron nos xogos olímpicos de Amberes en 1920:

Zamora (Barcelona), Eizaguirre (Real Sociedad), Otero (R. Vigo), Arrate (R. Sociedad), Carrasco (Real Unión de Irún), Samitier (Barcelona), Artola (R. Sociedad), Belaustigoitia (Athlético de Bilbao), Sancho (Barcelona), Eguiazábal (R. Unión de Irún), Sabino (Athlético), Pagaza (Arenas de Guecho), Moncho (Vigo), Sesúmaga (R. Unión de Irún), González (Vigo), Patricio (R. Unión de Irún), Vázquez (R. Unión de Irún), Pichichi (Athlético), Acedo (Athlético), Silverol (R. Sociedad)

Podían deixar de aburrir con eso de que a historia a escriben os vencedores. Hegel e Cutty Sark. Nin rastro do Madrid nin do Deportivo de La Coruña, a Gdansk do Caudillo, que de seguida unificou a nación que coñecemos, a que sae nos libros, e fichou a Alfredo Di Estéfano para conquistar Europa do único xeito que podía. A versión non ten obrigatoriamente que divertilos ou convencelos.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Como se enteren os de Intereconomía que lles chamaches "palimpsestos"...

A historia é a que é: Paña! é o centro do universo, e o feito de que o actual imperio sexa ianqui é algo transitorio. De feito é algo que Paña! lles deixa ser, para aproveitar este tempo dende a gherra de Cuba e ir collendo folgos até o vindeiro "II Imperio Español Eterno y Santo".
Amén.

Unknown disse...

E os teus ósos van ir a un tribunal da Santa Inquisición, que vou cantar, oh, non, nobody spects the Spanish Inquisition!

Amén.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet