Paciencia hai que ter co sisudo analista

Chegou do pobo de madrugada, prexudicado e disposto a que ninguén lle arruinara o discurso, paciencia hai que ter, logo de pasar unha festiva xornada electoral entre familiares e amigos e sen enterarse de nada ata eso das dez. Mal Jorquera mal. Romántico, falando, nas escaleiras do colexio, decidira votar ao Bloque e non a AGE. É AGE presente e futuro? É, mais agárdannos catro obscenos negros anos. Quedemos con Isaac Rosa e a “análise directa e (pro)positiva”, que dixo un que sabe, do Días de Raia.

Paseaba pola estación cun polbo mutilado e un queixo de pau santo mentras se lle confundían horarios e declaracións do PP nas pantallas. Á farmacia por un bote xigante de vaselina; para esmagar ao repugnante presidente e o seu repugnante séquito.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Polbo (aínda que sexa mutilado) e queixo Pau Santo... así tamén eu paso ben a resaca electoral!.
Teño unha curiosidade: e o viño?. Albariño e Mencía?, ou directamente Rioxa a esgalla?.

Unknown disse...

Albariño nas veas, carallo, e carné do PP na carteira; marroquinaría liberal, si, un que xa desvaría, non sei porqué.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet