Esto é coller unha canción polos cornos e usala.
<>
As babas do intre do ascensor
Andaba buscando vídeos de Dean & Britta (Dean Wareham e Britta Phillips, parella que antes lideraba Luna), por ollar de novo a unha muller que me gusta, cando din cunha versión (sen vídeo) do “Friday i’m in love”, incluida nun disco de homenaxe aos Cure. Os discos de homenaxe a unha banda son aberracións perpetradas polas discográficas para sacar máis pasta; o concepto mesmo de homenaxe apesta (e non digan tributo, que en galego é o que paga o cidadán); mais de cando en vez escóitase a xente reinventando temas coñecidos con imaxinación e bo gusto, algunha meténdolle caña.
Neste caso, a canción non se pode dicir que saia gañando, aínda que tampouco dá excesiva vergoña (ejem). Fan o que máis lles gusta, que é montarse duetos naïf-fatais (xa a orixinal é alegremente inxenua); con Luna tocaban o “Bonnie and Clyde” de Serge Gainsbourg e Brigitte Bardot.
<>
Etiquetas:
música
O decreto revelado
O polémico decreto do plurilingüismo apareceu onte publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e hoxe mesmo entrará en vigor. Así comenza a nova nun xornal. Apareceu. A Virxe María tamén aparece de cando en vez. As Escrituras están reveladas por un Ser Superior; Rafael Sánchez Ferlosio e Josele Santiago están de acordo: “viene en el libro y si está escrito es que es verdad”. Quén guía a man dos evanxelistas informatizados? Nin a Real Academia nin o Consello Consultivo nin o Consello da Cultura Galega. CIG-Ensino e A Mesa presentarán un recurso contencioso-administrativo, quita quita, déixate de cóxegas.
Era a noite das eleccións, domingo no pobo, ás veces pasaba un coche pitando e detrás a Garda Civil; un coñecido pensaba en alto taciturno, vou á farmacia por un bote familiar de vaselina; non llo publicaron no DOG e polo tanto era mentira, non vos deixedes enganar.

política
A aplicación do trilingüismo pasa polo baloncesto
Aquí os da Caixa de Texto non é que sexamos boa xente, é que temos un corazón de ouro, por eso queremos ofrecerlle, doarlle, agasallarlle a Feijóo a solución para o seu trilingüismo. Baixamos ao bar, onde estaban cun partido de baloncesto; durante un tempo morto puidemos escoitar a un entrenador español, dun equipo español, nunha competición española, dirixíndose aos seus xogadores en inglés (son todos estranxeiros, é lóxico). Xa está. ¿Non están informatizando as aulas? Que lle pasen aos nenos polo ordenador vídeos cos tempos mortos da ACB; dende un punto de vista pedagóxico é unha método fantástico, porque aos nenos gústalles moito este deporte, todos queren ser como Pau Gasol ou Ricky Rubio.
Aforraríase tempo (un tempo morto por hora de clase, poñamos), gastos en libros, aulas e profesorado; aínda que recoñecemos que a idea non é perfecta (polo de agora) se temos en conta que os ordenadores van para os colexios privados e concertados, que, como dixo o presidente, son os que están preparados. A sentencia de Fraga: os fillos dos ricos é normal que saian mellor preparados, e que xoguen ao basket.

Non hai contradicción ningunha
Tal como se agardaba, o Real Madrid ficha a Mourinho, aínda que sería máis axeitado dicir que Mourinho ficha ao Real Madrid. Esquézanse os madridistas da polémica que arrastraron esta tempada; o equipo, unha constelación de estrelas, gañaba; non gañou a liga porque se topou cun Barça si, menos inspirado e solto que o ano anterior, pero infranqueable; a afección estaba contenta cos números e non co xogo, malísimo, polo que se impoñía un cambio: que veña Mourinho, coñecido en todo o mundo polo amable fulgor dos seus equipos. O fútbol, coas paixóns e os mercados que arden ao seu redor, éche así de pavero; Valdano sábeo.
O contrato seica xa está case pechado, que por algo o entrenador portugués, logo de gañar a Champions no Bernabeu (Champions e Bernabeu, as únicas palabras que un madridista precisa para vivir) co Inter, nin sequera regresou cos seus xogadores a Milán para celebrar o triunfo. A súa nai, antes de querelo, debe admiralo e poñelo de exemplo; “ambición + motivación + equipo + espírito = ÉXITO”.

fútbol
Como darlle polo cu a un sobre
“Esas cartas serán ahora un libro que, según algunos entendidos, es mejor que esa novela en la que la gente descubrió el genio diverso (y divertido) de este solitario de París que ya había sido solitario en Buenos Aires.”
O título xa saben de onde está sacado. A frase é de Juan Cruz, bo tipo, de feito din que practica “el buenismo”, unha nova corrente literaria. Refírese o xornalista do Grupo PRISA, boa xente, ás cartas que escribiu Julio Cortázar cando armaba Rayuela. Cartas, cartas de escritores, sarampión, voitres brancos como cruños que selan edicións de luxo abelleiro, intimidades baratas (como a 50 euros) pero de valor intanxible, premios de escaparatismo, fomento da lectura, ministerio de fomento, a lectura é boa, varíola, a cultura nin che conto, Alfaguara (ou moitas outras). Farán unha exposición, unha presentación, unha rendición ao talento do escritor. Vargas Llosa “El BienDecepcionado” (lean “La Trompeta de Deyá”) fixo que se apunta.
As cartas dos escritores falecidos pertencen á súa familia e a aqueles a quen foron enviadas; non importa que foran cartas escritas dende unha vocación literaria. Editores, filólogos, ¿para quén traballades? ¿para o lector? É a industria omnívora, si. O lector le e entende o que lle peta, e goza, ou gozou, sen que lle veñan a vender nada (vale, os libros tamén son bens de consumo, pero a algúns gústanos pensar que houbo un día no que eran abondo máis, e ao mesmo tempo, menos; non sei se me explico).
Juan Cruz, ¿cres que coñeciches a Cortázar, a súa forma de ser? Eu non, nin o coñecín, nin se me ocorre pensar que o fixen a través da súa Obra, nin me importa. Algunha outra pregunta: ¿"genio diverso (y divertido)" paréceche... escribir con enxeño e axustarte á profunda realidade da persoa, que seguro que é o que pretendes? ¿E os entendidos qué tal, bos amigos?
Esto vale para todos, ao meu pobre entender, mesmo para os que “fan país”. Corto e pego:
Suplemento literario de Vieiros, Protexta, que se pode descargar en pdf. Nada interesante, agás unha entrevista con Xurxo Borrazás. Este carballés residente en Vigo vai por libre, mais, o que fala inda mellor del, non é un outsider ou un resentido. Simplemente, os círculos culturais-editoriais non son para el. Recoñece que o seu novo libro, “Arte e parte”, sería impensable escribilo en Compostela.
Fala e escribe en galego e punto, ningunha responsabilidade política ou social; non é un Manuel Rivas; Galicia non é o fabuloso embigo desprazado do mundo. Blasfemo, sacrílego, herexe, frívolo, apestado, cabrón, cómo te atreves... Si, moi ben, qué hai de pincho na presentación do teu libro.
Ao final vou admirar ás usureiras xudías que andan a trapichear co legado de Kafka.

branding
As bágoas iranianas de Juliette Binoche

Non sabemos se está a pedir clemencia por ela mesma ao chorar ou por Jafar Panahi, director de cine en folga de fame, preso político dende o 1 de marzo; nin Luiz Inácio Lula da Silva o vai sacar do marrón. Esto sucedeu en Cannes; Abbas Kiarostami, compatriota de Panahi exiliado, presentaba a concurso a súa nova película, na que Binoche encarna á protagonista, e no seu discurso aproveitaba para contar o da folga de fame, segredo que Ángeles Espinosa gardaba para El País.
Non son dos que adoran ás actrices francesas (como Boyero), nin o cine de medio ou extremo oriente (Boyero xamais!), pero tampouco son Carlos Boyero, que fixo da primeira persoa e a insensibilidade idealizada un método para medrar. Unha folga de fame non é cine.
<>
Etiquetas:
cine
Atopa a túa vocación no Facebook
O descenso das vocacións no seo da Igrexa Católica hai anos que é alarmante; faltan curas para tanta misa e parroquia; os que aguantan superan os sesenta anos e teñen que desprazarse dunha igrexa a outra en bólidos que lles garantan o don da ubicuidade e o pluriemprego. En Francia non se resignan: lanzaron unha campaña de “recrutamento”, como se fora para o exército, dirixida á mocidade; orzamento dun cuarto de millón de euros con incidencia directa no Facebook. Et pourquoi pas moi? Deus, nunha semana, xa fixo 1.400 amigos na famosa rede social.
Na primeira Galicia autárquica, pobre e ignorante, a vocación descubríase por vías como a fame, a familia numerosa na que se sacrificaban a ver se un saía cura, o monaguillo que aprendía versículos en latín da man do crego. Na Francia que foi modelo de estado e sociedade laicos, o mesmo. O traballo é o traballo.

relixión
Á vangarda da información e o entretemento
Ollaron as imaxes de Cuatro cando a final do Atlético de Madrid en Hamburgo. 952.856 visitas en Youtube (e subindo), un grupo no Facebook con 170.236 amigos (e subindo) reclamando o despido de Manolo Lama por “humillar a un mendigo”. Ao xornalista ocorréuselle animar, en directo, aos seguidores “colchoneiros” para que lle botaran unha esmola a un mendigo que atopou por alí tirado, ante a súa estupefacción. A idea é de mal gusto, si (como todo o que fan estos carallos), pero como xeito de ganarse audiencia é “normal” a día de hoxe. Acontece que a hipocresía e mojigatería imperantes ás veces din que non, que para eso saben o que fan. Opel, que patrocina os deportes da cadea, esixiu desculpas públicas e que “desvinculen á Marca desta lamentable acción”; qué boa xente, cánta indignación, queda xustiza.
Cuatro, moderna e con contidos “de calidade”: reallitys con drogadictos, con mascotas que lle ladran ás súas vetustas e asustadas donas, unha xornalista que se pasa 21 días cun gurú ou posta de maría ou vivindo como unha raíña, uau! Escándalo, publicidade, desculpas, audiencia. Vaia coas novedades.
E o deseño. O deseño estaba ben: moderno e atrevido (para o que nos tiñan acostumados), sinxelo, con forza comunicativa e moi doado de aplicar. Logo comenzaron o resto das cadeas a copialo, e os xornais, e as revistas dos xornais... ata tiven un xefe que o copiou, non lle puxo a mesma tipografía porque non sabía cal era, para o logotipo da súa axencia de publicidade. Os que agora son de Berlusconi comenzaron a pasarse de voltas.
O mendigo, por certo, dixo que se sentía “ferido e realmente molesto”; non sei se está moi enterado de cómo funcionan estas movidas, pero agora “o normal” (de novo) sería que, ademais de desculpas públicas, pedira unha cuantiosa indemnización por danos e prexuízos á súa imaxe e por violación de intimidade, e faría ben, porque co que lle deixaron no cazo ao final non sei se tería para un bocata ou un trago.

tv
Búscase comentarista deportivo
Para televisión. Imprescindible ser cursi e hortera. Sentir as cores da bandeira. Valorarase o uso fluído de algunhas palabras como rocha, fortaleza, sacrificio, furia latina, moral espartana e sinxeleza. Roger Federer é o number one porque Nadal non está fino, que senón non se comería nada con ese limitado e tosco tenis seu.
Xa nos pasamos de presuposto, con 53 palabras. É igual. Se está vendo o Ferrer - Federer e aposta polo español, chame xa, non agarde a que remate o partido. Soldo internacional.

tenis
Assinar:
Postagens (Atom)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.