O descenso das vocacións no seo da Igrexa Católica hai anos que é alarmante; faltan curas para tanta misa e parroquia; os que aguantan superan os sesenta anos e teñen que desprazarse dunha igrexa a outra en bólidos que lles garantan o don da ubicuidade e o pluriemprego. En Francia non se resignan: lanzaron unha campaña de “recrutamento”, como se fora para o exército, dirixida á mocidade; orzamento dun cuarto de millón de euros con incidencia directa no Facebook. Et pourquoi pas moi? Deus, nunha semana, xa fixo 1.400 amigos na famosa rede social.
Na primeira Galicia autárquica, pobre e ignorante, a vocación descubríase por vías como a fame, a familia numerosa na que se sacrificaban a ver se un saía cura, o monaguillo que aprendía versículos en latín da man do crego. Na Francia que foi modelo de estado e sociedade laicos, o mesmo. O traballo é o traballo.
<>
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2010
(351)
-
▼
maio
(23)
- As babas do intre do ascensor (revés)
- As babas do intre do ascensor
- O decreto revelado
- A aplicación do trilingüismo pasa polo baloncesto
- Non hai contradicción ningunha
- Como darlle polo cu a un sobre
- As bágoas iranianas de Juliette Binoche
- Atopa a túa vocación no Facebook
- Á vangarda da información e o entretemento
- Búscase comentarista deportivo
- "O make me a mask", de Dylan Thomas
- Volve a dereita lexítima
- Como se non foran á cama
- O macho alfa
- Polbeiro
- O vinagre rápido de Alfaro
- Criatura
- Do lado de Blas de Otero
- Unha vaca chamada Borbón
- Antón está de viaxe (VII)
- Entrevista a Evaristo Páramos
- José Rasca, Juan Perro
- Un crebafolgas chamado Emilio ou Miguel
-
▼
maio
(23)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário