Máis pelotas das permitidas

Houbo unha conxunción astral en Pamplona. Non, unha conspiración planetaria. Aos madridistas que queiran informarse recoméndolles que lean convencionalmente a prensa. Recalco, convencionalmente; non lean os comentarios dos lectores porque poden enterarse de pormenores desagradables, se son de natural sensibles. Por exemplo, kitkat2005 relata o seguinte diálogo entre Cristiano Ronaldo e Pandiani (os medios fixéronse eco da rifa sen incorporar as palabras):

- ¿Cuánto ganas? —preguntou Ronaldo.
- En títulos —respostou o dianteiro uruguaio—, últimamente, los mismos que tú.

O resto da historia xa o coñecerán. A cabeza de Sergio Ramos só serve para cabecear, os recollepelotas metían pelotas no campo para despistar e as estrelas, no ceo navarro, eran blaugranas.
_

Quería cen gramos de nariz de pallaso

O presidente de Promusicae, Antonio Guisasola, achaca á piratería o para el un empobrecemento cultural evidente. Costa crer que un síntoma de tal empobrecemento sexa un disco de Sergio Dalma como o máis vendido do 2010. De mercarse máis discos, mercaríanse proporcionalmente menos de Sergio Dalma ou Alejandro Sanz (o terceiro máis vendido)?

Ah, escoitar a Alejandro Sanz non é empobrecemento cultural, perdónperdón.

O artista fai números tan rápido que me perdo.

Con este debate mentido chegou a dimisión de Álex de la Iglesia. A que armou o bilbotarra cando se aprobou a máis famosa das leis dende que se presume de democracia, esa que chaman Ley Sinde (ministra crecida no seu triste protagonismo). Como presidente da real academia do cine, ou como lle chamen a eso, si, foi torpe, amosou unha total inexperiencia política que lle está costando moitos desvelos, porque foi sinceiro e porque agora resulta que para ser director de cine tes que sacar a carreira de diplomático.

Non, non penso colocarme o nariz de pallaso (xa sei que son un pallaso). Non estou a favor desa lei inducida nin a favor dos piratas (todo aquel que presuma de pirata é subnormal). Os grises, claro, non interesan, sobre todo non lle interesan á vella industria nin a ese chiste malo que son os partidos políticos que se amañan para representar á sociedade da que se retroalimentan.

A reforma das pensións, o salario mínimo, o paro... a quén lle importa, jo, qué pereza, pero, oye, tienes el último de Joan Manuel Serrat (o segundo máis vendido)? Ca-li-da-de, co-le-ga.

O ano pasado era Víctor Manuel cos langostinos da voda, este ano relevouno Serrat cos chourizos da chacinería. Que de metáforas.
_

Hai liberais no pobo











Logotipo do partido que creou a corrente crítica do PP de Sanxenxo. O logo digamos que, dentro da categoría dos malos e cutres, será dos menos malos e cutres. Non ten risco ningún e representa un partido político como podía representar unha fábrica de aluminio. Podíase xogar máis co de liberal e os rectángulos amarelos collendo forma de velas, non sei, un vento de cambio move o pobo, Asociación de Lenocinios de Sanxenxo, non acepte imitacións.

Están na fase de recrutamento de persoas liberais, preparándose para a guerra do 22 de maio. Lembren para entón que son disidentes, romperon a armonía na familia pepeira; fixo que don Ramón non lles deixa entrar na igrexa.
_

O presentador impasible


_

A verdade dun cociñeiro



Andan estos días con Pearl Jam ás voltas, non sei se sacan novo disco. Pearl Jam nunca me engancharon. Desgustábame o seu discurso ideoloxizado, político, que a sona axudaba a fagocitar, a vender como se vende un fin de semana nalgún lugar arriscado a persoas ás que lle van as emocións fortes. Prefería a velocidade rota, autodestructiva de Nirvana.

Unha vez coñecín a un cociñeiro que, ademáis de cociñar ben e estar un pouco pirado, tiña a Pearl Jam como grupo de cabeceira. Había verdade nel; non é a memoria idealizando nada.
_

Francotirador para a Comic Sans




















Un estudante de deseño gráfico creou unha web para concienciar aos novos deseñadores sobre o indiscrimando uso que se fai da Comic Sans. Se es un criminal tipográfico, tirando sempre de tan odiosa tipografía, e queres arrepentirte, non tes máis que seguir a gráfica, sinxela e divertida guía de Matt Dempsey, que así se chama o rapaz. A Comic Sans, di poñéndose didáctico, só debe usarse nos seguintes casos:

“Cando a túa audiencia está por debaixo dos 11 anos”

“Cando deseñas un cómic”

“Cando a túa audiencia é disléxica e che deixan claro que prefiren Comic Sans”

Para calquera destos casos disponse de tipografías alternativas, que se preocupa por facilitar. Un aplauso para a súa iniciativa; parecerá infantil, pero nunca está de máis.
_

As dietas do porco púrpura

Queren privatizar as caixas de aforros, logo de marear con crípticas fusións ao longo e ancho da península. Non é política: inversores e institucións financeiras esíxenllo ao goberno. As caixas que non den o talle, é dicir, as que anden mal de pasta e acumulen excesivo capital inmobiliario, serán previamente nacionalizadas. Como lembra Isaac Rosa, outra vez a socializar perdas. A teleserie da Novacaixagalicia serviu para retratar aos seus protagonistas. Beiras foi duro onte criticando tamén a postura do Bloque no tema. Desmantelamento do Estado de Benestar e, aproveitando, do Estado das Autonomías.

Os cidadáns deberán pensar, certamente, en apostar por entitades financeiras alternativas como Fiare (oficina en Vigo), se non queren sofrer máis os abusos, directos e indirectos, da banca. Mentras tanto, período de engorde para as caixas, que os porcos pasan de comer ósos.
_

Antón está de viaxe (XIII)

Está a casa peneirada, escura, entre as pólas dos carballos; a lúa arde no silencio da súa forxa. As vías do tren permancen duras e erguidas de frío. Desapareceron as curuxas, o moucho, os lonxanos ladridos dos cans. O bar co luminoso morto e sucio, a persiana metálica desfondada, e a farola de amarela cinza, hacia a estrada, hacia o mar edificado. Abriran o bar contando cunha urbanización inminente que coincidira cun cadáver relacionado coa alcaldía, nada importante, pero non costaba tanto esquecerse dalgúns negocios. Mala sorte. A casa non era o local social de EA!, historicamente ávidos dunha clandestinidade pasada de moda, sen sentido, divertida, que debía gorecerse nas conspiratorias tebras dun soto con prelo soviético ou cando menos nun lugar pintoresco, aínda que no Concello preferían manter a ambigüedade sobre o uso real que dela, da casa, se facía. Non era bordel nin casino nin complexo deportivo, aínda que Roberto, concellal de deportes, irado cura da vida san que ameazaba aos seus concidadáns con cancros, ataques cardíacos, cirroses e mesmo un irreversible descenso da esperanza de vida, mantiña que cunhas obras discretas e unha cancha de squash a casa gañaría moito, a saber o qué pero gañaría moito. Tampouco nacera alí Rosalía de Castro (se ben, namorada das augas esmeraldeñas e a vida social que nelas bulía, seguía vindo todos os agostos).

- A ver, Eladio, que dás ti!
- Tranquilo, Manolo, tranquilo —mediou Roberto—, ti sabías que a ansiedade inflúe negativamente á hora de xogar ao tute? Heiche de pasar un libro que o demostra. Ri-gor-cien-tí-fi-co —marcando as sílabas co dedo acusador sobre a mesa.
- Vale...
- Sabemos algo do do outro día?
- Nada por ahora.
- Podes dar dunha puta ves?
- Está pensando.
- En qué... en qué carallo estás pensando, señor secretario?

A Miro e Manolo rebéntanlle esos intres nos que Eladio se esquece da partida, poñéndose de súpeto como se fora o pensador de Rodin, un xenio preocupado polos dispendios dos seus compañeiros, se eles caen eu vouno ter difícil, corenta en bastos, non é xusto, e Roberto recoméndalle respirar correctamente, sentar correctamente, manter as trabes da casa, a columna recta.
_

Escritor de enxunlla

A prensa seria, coas súas totalitarias liñas editoriais, sempre foi moi divertida, pero hai que recoñecer que con internet aínda o é máis. En contra do que din, saiu gañando. Os comentarios dos lectores ofrécenlle unha nova dimensión (tanto raiaban co da interactividade), ademais de cobrer a oferta de opinión coa que queren diferenciarse da outra prensa, a que din que non é seria. Lean este, un calquera entre millóns:

“Mi primer comentario !!! y lo que me costó registrarme...unos segundos pone...
No se que le pasaría al servicio técnico, pero 5 días intentándolo.
Bueno, al tema, muy buena serie, aunque en muchas ocasiones los zombis e incluso los propios protagonistas, los buenos, parecen un poco lelos.
Pero por lo demás....aparte de que es muy corta... ¡ me encanta !”

De qué están a falar? Pode que dunha serie de televisión, das sesións no Parlamento, do Vaticano... e con enxunlla, como lle gusta aos xornalistas modernos. Enxunlla, unto; unha vez linlle a Reig que escribir era como cociñar: hai que vixiar a pota e, de cando en vez, retirar cunha culler a graxa que flota.

Eso lévame ao estilo. Trascribo un parágrafo de Pániker, a quen releo estos días:

“[...] Y ciertamente, el estilo —como aconsejaba Sartre— debe pasar inadvertido, toda vez que la mirada ha de atravesar las palabras. Por consiguiente, lo que conviene sortear son las finuras retóricas huecas, y lo que importa es decir algo. Y el estilo brota espontáneamente más allá de la dualidad entre fondo y forma. El estilo es el tao. Y, por otra parte, el estilo surge, quizá, de una permanente insatisfacción llevada con calma. Porque aunque el estilo sea el tao, el estilo es lo contrario de la improvisación y la pereza. El estilo, como decía Buffon, retrata lo más genuino de uno mismo; es el resultado, quizá no muy consciente, de un disciplinado ejercicio de autodiseño. Hay algo de maniatismo en el estilo, también de libertad: cuando se alcanza cierto nivel acaba uno sorprendiéndose a sí mismo.”

É aplicable practicamente a calquera actividade que nos ocupe.

Aínda que sempre haberá bos xornalistas, certo é que o descrédito do xornalismo é cada día máis fondo. Non saben escribir correctamente (non lles pedimos un estilo).
_

Trastorno de identidade

Hoxe é nova en toda a prensa seria un enfermo mental holandés que leva dende o 2007 amarrado a unha correa nun centro psiquiátrico. Moitos apuntan unicamente que escoita voces. A secretaria de Estado de Sanidade, Marlies Veldhuijzen van Zanten, logo de visitalo, afirmou que suxeitalo é o único xeito de protexelo contra a outra personalidade súa, moi agresiva. A eso chámanlle desdobramento de personalidade, ou trastorno de identidade disociativo, non? Como o Dr. Jekyll e Mr. Hyde, pero sen literatura.

Tanta ciencia e tanto fármaco, e o teñen como un can asfixiado, porque dubido lle concedan un centímetro. George Bush, o colega de Aznar, tamén escoitaba voces (O Señor díxolle que tiña que invadir Iraq) e a ninguén se lle ocorreu recluílo. En qué quedamos.
_

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet